Ir o contido principal

❄️ 𝐅𝐎𝐋𝐈𝐃𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐕𝐄𝐑𝐍𝐎 ☔️

foliada inverno

❄️ 𝐅𝐎𝐋𝐈𝐃𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐕𝐄𝐑𝐍𝐎 ☔️

O vindeiro sábado 🗓 15 de marzo, a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario organiza unha nova edición da Foliada de Inverno ❄️ que este ano lle adican ás CANTAREIRAS, esas mulleres 👩‍🦰, moitas delas anónimas, que foron as responsables de legar á posteridade, un dos grandes tesouros que temos, o inabarcable cancioneiro popular, cheo de coplas e melodías únicas.

Ademais, realizarán un obradoiro que a temática será o estudo do xeito de tocar e cantar dos tres lugares das Cantareiras homenaxeadas este ano 2025: Agranzón, Mens e Vila da Igrexa.

O obradoiro, que comezará ás seis da tarde e terá unha duración aproximada de dúas horas, estará impartido por 👨‍🏫 Roberto Rodríguez, mestre de pandeireta e gran coñecedor do canto e a percusión destas zonas.

ℹ️ O prezo será de 10 euros para persoas non asociadas e de balde para asociadas. O número de prazas é limitado polo que cómpre anotarse no correo electrónico da asociación: 📩 castineiromilenario@hotmail.com.

Despois do obradoiro terán uns petiscos 🥯 para coller forzas e comezar, arredor das nove, a Foliada de Inverno. Como sempre arrancarán a festa os grupos locais de Foliadeir@s do Castro e Treitoira, a continuación as pandeireteiras de Xaora e Asubíos da Chaira para rematar.

Será no Centro Sociocultural de Begonte, ó carón do Centro Médico. 🥳