Ir o contido principal

𝐂𝐀𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄 π€π†π‘π€πƒπ„π‚π„πŒπ„ππ“πŽ 🀝

𝐂𝐀𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄 π€π†π‘π€πƒπ„π‚π„πŒπ„ππ“πŽ 🀝

𝐂𝐀𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄 π€π†π‘π€πƒπ„π‚π„πŒπ„ππ“πŽ 🀝

A travΓ©s desta carta quero agradecer Γ³s equipos de emerxencias despregados en Begonte o pasado dΓ­a 17 de xaneiro, co motivo das inundaciΓ³ns sufridas no Concello de Begonte polo desbordamento do rΓ­o Ladra.
Β 
Quero recoΓ±ecer e destacar, a tΓ­tulo persoal e de parte de todos os veciΓ±os e veciΓ±as do Concello de Begonte, a profesionalidade e compromiso dos diversos colectivos que formaron o dispositivo de emerxencias para poder asistir e rescatar Γ‘s persoas afectadas por dita catΓ‘strofe, que tiveron que abandonar os seus fogares, deixando atrΓ‘s toda unha vida.
Β 
En especial dirΓ­xome Γ³ corpo da Garda Civil, Γ³ subsector de TrΓ‘fico de Lugo, Γ³ GES de Friol, Γ³ Corpo de Bombeiros de Vilalba e Γ‘s AgrupaciΓ³ns de ProtecciΓ³n Civil de Vilalba, Lugo e Cervo, que estiveron dende primeira hora dando asistencia e transmitindo tranquilidade a todas as persoas damnificadas, arriscando as sΓΊas propias vidas por axudar a todos os veciΓ±os e veciΓ±as de Begonte. Unha actuaciΓ³n digna de eloxio e que demostra a coraxe e a vontade de servizo pΓΊblico de cada membro das agrupaciΓ³ns citadas anteriormente.
Β 
Sirvan estas liΓ±as para recoΓ±ecer o labor de todos estes equipos e manifestar o agradecemento eterno deste Concello pola sΓΊa axuda nunha situaciΓ³n excepcional, que agardemos que non teΓ±amos que volver a vivir.
Β 
Sen mΓ‘is, un cordial abrazo
Β 
En Begonte, a 19 de xaneiro de 2023
Β 
JosΓ© Ulla Rocha
Alcalde -Presidente do Concello de Begonte
Β 
πŸ“Έ FotografΓ­a de Manuel Guede, publicada no xornal La Voz de Galicia.