COMEZA A ANDAR O NOVO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ NOS CONCELLOS DE FRIOL, PALAS DE REI, GUNTIN, BEGONTE E RÁBADE
A agrupación de municipios formada por estes cinco Concellos beneficiaranse deste servizo que contan desde hoxe con este nova unidade que estará centralizada en Friol, co único obxectivo de favorecer as familias que poden ser usuarias deste servizo.
A unidade de atención temperá que no día de hoxe actívase, comezando con unha reunión dos Alcaldes/as dos Concellos integrantes e do equipo técnico mantida no Concello de Friol prestará os seus servizos á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á contorna para dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen risco de padecelos.
Esta unidade, que conta co apoio da Xunta de Galicia financiando o 90% do custe deste servizo, e o 10% restante finánciase con aportacións dos cinco Concellos participantes, está formada por catro profesionais (logopeda, enfermeira, psicóloga e terapeuta ocupacional) que intervirán de forma interdisciplinar e transdisciplinar en coordinación co Servizo de Pediatría do SERGAS no eido emocional, psicomotor, de linguaxe, de comunicación, etc do neno ou nena.
Aínda que o ámbito de actuación comprende aos concello de Guntín, Begonte, Rábade, Palas de Rei e Friol será neste último onde estará centralizada a unidade. Trátase de achegar un servizo prioritario e de calidade na atención á infancia á poboación do rural.
O Servizo de Atención Temperá ten como finalidade promover a igualdade, a saude e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas a poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desarrollo ou en risco de padecelos, as familias ou o seu contorno, co fin de facilitar a autonomía persoal e a dita inclusión.
Os rexedores destacan que estas unidades son fundamentais para identificar e actuar sobre os trastornos que poden sufrir no desarrollo a poboación infantil entre 0 a 6 anos de idade, os Alcaldes señalan que apostan por este modelo basado na prevención, na identificación e no tratamento precoz para dar resposta as necesidades específicas que poden presentar estes menores.
As familias que precisen información ou poñerse en contacto coservizo, podrán facelo no Departamento da unidade ubicada no edificio do Centro Sociocultural de Friol ou no teléfono 690.363.103