COMUNICADO FIN DE ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 19/20
O Concello de Begonte informa a todos os usuarios e usuarias de actividades socioculturais e deportivas que se dá por rematado o presente curso 19/20.
O pasado venres día 13 de marzo, con motivo da declaración do Estado de alarma en todo o territorio nacional, suspendíanse temporalmente todas as actividades tanto para nenos/as como para adultos/as e lamentablemente non se puideron volver a retomar debido á situación.
Dende o Concello de Begonte poñemos fin ó presente curso como medida de seguridade e responsabilidade xa que aínda que camiñamos cara a tan agardada normalidade, debemos seguir cumprindo coas nosas obrigas sen baixar a garda.
Ademáis, adoptamos a medida de non cobrar as clases desfrutadas no mes de marzo, polo que todas aquelas persoas que tiñan pagada a súa cota anual, recibirán a devolución da parte proporcional correspondente ós meses de marzo, abril e maio do presente curso.
Poñerémonos en contacto con todos os usuarios e usuarias para recoller o material propio que poidan ter nas diferentes instalacións municipais e que pola urxencia do momento non puideron levar.
Entendemos que estas medidas extraordinarias, tan necesarias co escenario que se nos presentou, puideran xerar inconvenientes polos cales dende o Concello de Begonte pedimos que desculpen as molestias ocasionadas. O noso obxectivo sempre foi e será salvagardar a saúde e intereses dos nosos veciños e veciñas.