Ir o contido principal

💻 CURSO DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS 📱

CURSO DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS

💻 CURSO DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS 📱

O Concello de Begonte está a preparar un curso para todas aquelas persoas que desexen iniciarse ou ampliar coñecementos sobre informática e novas tecnoloxías, cada vez máis presentes no día a día.

Dende hoxe queda aberto o prazo de inscrición, que durará ata o venres día 14 de febreiro.

O curso, dará comezo na segunda quincena de febreiro e prolongarase ata o mes de maio en sesións semanais. (Cumprindo un mínimo de 10 inscritos).

Máis información chamando ó teléfono do Concello de Begonte ( ☎️ 982 39 61 43).