⚠️🚨 O CONCELLO DE BEGONTE SUSPENDE TEMPORALMENTE AS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS
Con motivo dos últimos acontecementos provocados pola expansión do coronavirus COVID-19, o Concello de Begonte decide suspender dende hoxe tódalas actividades culturais e deportivas ata novo aviso.
Se ben, aínda que dende o Concello pregamos actuar de maneira responsable extremando as medidas preventivas recomendadas, queremos tamén facer unha chamada á calma xa que esta medida se adopta como método de prevención e seguridade para todos os usuarios.
Desculpen as molestias.