Ir o contido principal

O IMSERSO CONVOCA O PROGRAMA DE TERMALISMO 2020

O IMSERSO CONVOCA O PROGRAMA DE TERMALISMO 2020

O IMSERSO CONVOCA O PROGRAMA DE TERMALISMO 2020

Os requisitos para poder participar:

Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:

🔺Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
🔺Ser pensionista de viuvedade con 55 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
🔺Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
🔺Ser asegurado ou beneficiario do Sistema de Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación da praza:

1️⃣ Para as quendas dos meses de Febreiro a Agosto, ambos inclusive: ate o día 10 de Xaneiro de 2020.
2️⃣ Para as quendas dos meses de Setembro a Decembro: ate o día 15 de Maio de 2020.

Para tramitar a solicitude ou obter máis información acuda ás oficinas municipais do Concello de Begonte.

www.concellodebegonte.es