SUBVENCIÓN PARA AS OBRAS DE CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN OU DE CONSTRUCCIÓN NOVA DE VIVENDAS NO MUNICIPIO DE BEGONTE DO ANO 2021.
É obxecto desta convocatoria a regulación da concesión de subvencións establecidas polo concello de Begonte e destinadas ao fomento de construcción de obra nova ou de conservación e rehabilitación de vivenda no termo municipal de Begonte, co obxectivo final da mellora da edificación e contribución á reactivación económica do municipio e fixación da poboación.
Actuacións subvencionables.- Poderán ser obxecto de axuda económica tanto as obras de conservación e rehabilitación de inmobles deshabitados como as obras de nova construcción de inmobles destinados a vivendas unifamiliares.
Beneficiarios.- Poderán ser beneficiarios da axuda ou subvención as persoas físicas que leven a cabo a construcción ou a conservación e rehabilitación dunha vivenda co fin de destinala á súa residencia habitual e que cumpran as condicións esixidas nestas bases e na correspondente ordenanza reguladora. O destino do inmoble obxecto da subvención como vivenda familiar habitual deberá manterse polo menos durante o período de 5 anos.
Prazo de presentación: 23/04/2021 ao 31/12/2021.
Para máis información consultar as bases da convocatoria.
Documentación Fase Solicitude:
- Bases da convocatoria (pdf)
- Publicación das Bases da convocatoria no BOP de Lugo 22/04/2021.
- Anexo I Solicitude (pdf)
As solicitudes poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte utilizando o Anexo Solicitude ou por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte, utilizando o trámite destacado denominado Subvención para obras de conservación e rehabilitación ou de nova de construción.