Ir o contido principal

🏆 𝐕 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄

V carreira popular Begonte

🏆 𝐕 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐄 𝐁𝐄𝐆𝐎𝐍𝐓𝐄

Despois de dous anos volveu a nosa Carreira Popular onde a pesar do tempo 🌦 contou con máis de 300 participantes! 👏

Nos próximos días faremos públicos os case 70 premiados 🏃🎖e premiadas 🏃‍♀️🎖 nesta edición.

Aproveitamos para deixarvos unha galería fotográfica 📸 do día de onte (poderedes vela na nosa páxina de Facebook) e para agradecer a todos os/as atletas a súa participación, á Cruz Vermella de Vilalba ⛑ por estar pendentes en todo momento, á Protección Civil 🛻 do Concello de Friol pola súa colaboración, á Garda Civil 🚓 do posto de Baamonde, a tódolos traballadores e traballadoras do Concello de Begonte 👷, a tódolos voluntarios e voluntarias 😃 que nos axudaron no transcurso da andaina e das carreiras, ós ciclistas 🚴 da AD Rego do Lobo, ó Club Fluvial de Begonte e como non, ós patrocinadores: Gadis, Km 101, Asesoría Martul, Metálica Begontina JP, Cervezas Alhambra, Panadería Cruz, Panadería Chairega e Panadería Couso.

Grazas por facer do día de onte un día de deporte e festa! 🤝