Ir o contido principal

Blog Style 01

pista multideporte
admin
0

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 acaba de recibir a resolución da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para a construcción 🏗 dunha pista multideporte a carón das renovadas instalacións do CEIP Virxe do Corpiño.

Dita actuación ascende a 92.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia aportará unha achega de 77.000 euros e o Concello aportará 15.000 euros de fondos propios.

campus patinaxe
admin
0

O pasado venres puxemos punto e final á segunda edición do campus de patinaxe organizado polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞! 😃👏

Os nenos 👦🏻 e nenas 👧🏼 puideron desfrutar dunha semana chea de adestramentos 🛼 , xogos 🧩, multideporte 🏀 e moitas máis actividades! 🤹‍♂️🎲

Xa estamos agardando a terceira edición! 😊

viaxe portugal
admin
0

No día de onte os veciños e veciñas do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 realizaron unha excursión 🚌 a Portugal 🇵🇹 para visitar a Feira de Valença do Miño 👕 e a Fortaleza. 🏰

Alí, ademais, puideron desfrutar dun día soleado ☀️ e dunha estupenda gastronomía. 🍽😋

Non tardaremos moito en volver de viaxe! 🧳🚌😃

boveda
admin
0

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 deu comezo ás obras de mellora do local social 🏘 da parroquia de Bóveda, que consistirán no embelecemento exterior do edificio mediante a instalación de Sate, que reducirán o impacto visual e mellorará o illamento térmico do edificio ☀️.