Ir o contido principal

Blog Style 01

PUNTOS DE DESINFECCIÓN
admin
0

O Concello de Begonte está a colocar puntos de desinfección para continuar extremando as medidas de seguridade ante a propagación do COVID-19.

Os lugares onde se ubicarán ditos puntos serán:

🔹Centro de saúde de Begonte.
🔸Centro de saúde de Baamonde.
🔹CEIP Virxe do Corpiño (Begonte).
🔸CEIP de Baamonde.
🔹Club Fluvial de Begonte.
🔸CERCUD de Baamonde.
🔹En todas as instalacións municipais.

APERTURA DOS PARQUES INFANTÍS
APERTURA DOS PARQUES INFANTÍS
APERTURA DOS PARQUES INFANTÍS
admin
0

O Concello de Begonte reabre os parques infantís despois do levantamento do estado de alarma 🚨 na comunidade galega.

Como medidas de prevención e seguridade, colocaranse puntos de desinfección📍para as mans, ademais da desinfección diaria de todas as zonas dos parques por parte de persoal do concello 🎡.

LIMPEZA E DESINFECCIÓN GRATUÍTA DE VEHÍCULOS MEDIANTE OZONO
admin
0

O próximo venres día 📅 19 de xuño levarase a cabo na Praza Irmáns Souto Montenegro, nas inmediacións do Concello de Begonte, a limpeza e desinfección gratuíta de vehículos 🚙 mediante ozono para todos aqueles veciños e veciñas que o desexen.

Para poder acudir, será imprescindle solicitar cita previa chamando ás dependencias do concello ☎️ 982 39 61 43.

www.concellodebegonte.es

 INSPECCIÓN TÉCNICA A VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (ITV) 🚜
admin
0

O Concello de Begonte informa de que o próximo mes de XUÑO desprazarase a este Concello unha unidade móbil da ITV para realizar as inspeccións técnicas a VEHÍCULOS AGRÍCOLAS.

🔺 OS DÍAS 18 E 22 DE XUÑO EN HORARIO DE 9:00 A 13,30 HORAS E DE 15:15 A 18:00 HORAS.