Ir o contido principal

Blog Style 01

EPIS E MATERIAL DE PROTECCIÓN
admin
0

A Xunta de Galicia acaba de facer unha nova entrega de EPIS e material de protección ó noso Concello, co que o total de material recibido pola súa parte é o seguinte:

- 2350 luvas. 🧤
- 1214 máscaras. 😷
- 16 botes de xel hidroalcohólico. 🧴
- 28 traxes antisalpicadura. 🥼
- 17 garrafas de desinfectante.🚰

Todo isto, súmase ó material adquirido polo Concello de Begonte con fondos propios:

O CONCELLO DE BEGONTE REMATA O REPARTO DE MÁSCARAS
O CONCELLO DE BEGONTE REMATA O REPARTO DE MÁSCARAS
admin
0

O pasado luns, persoal do Concello de Begonte comezaba o reparto de máscaras de protección contra o Covid-19 🦠 que a día de hoxe, sábado 18, damos por rematado.

A protección dos nosos veciños e veciñas é a nosa principal preocupación, por iso destinamos tódolos recursos económicos e humanos necesarios e intentamos facer o reparto da mellor maneira posible.

📕📒 CONCURSO “CONTOS DE BEGONTE” - DÍA DO LIBRO
toni
0

O Concello de Begonte convoca o concurso “Contos de Begonte” dirixido a nenos 👦🏼 e nenas 👧🏼 de entre 3 e 14 anos, co fin de conmemorar o Día do libro 📚 que se celebrará o próximo 23 de abr

BEGONTE COLABORA COS COLEXIOS PÚBLICOS DE BEGONTE E BAAMONDE
BEGONTE COLABORA COS COLEXIOS PÚBLICOS DE BEGONTE E BAAMONDE
admin
0

O Concello de Begonte vén de comezar un plan de colaboración co CEIP Virxe do Corpiño de Begonte e co CEIP de Baamonde no cal, persoal do Concello se encargará de imprimir 📃 e levar ós fogares 🏠 de todos aqueles alumnos 👦 e alumnas 👧🏼 que non conten con medios propios ou teñan dificultades para obter as tarefas e o material didáctico que dende os centros de ensinanza se está a proporcionar para continuar coas clases non presenciais.