Ir o contido principal

Blog Style 01

recollida
admin
0

O vindeiro 1 de abril o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 procederá á recollida de enseres domésticos.

Poderanse depositar utensilios e mobiliario xeral do fogar: electrodomésticos 📺, xoguetes 🎲, aparellos musicais 📻 ... (máximo 3 enseres por vivenda).

⚠️𝐍𝐎𝐍 se recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos 𝐍𝐈𝐍 aqueles que non sexan declarados na solicitude.

begonte obra
admin
0
8m
admin
0

💜 Con motivo da conmemoración do Día Internacional da muller, o 𝑪𝒐𝒏𝒄𝒆𝒍𝒍𝒐 𝒅𝒆 𝑩𝒆𝒈𝒐𝒏𝒕𝒆 convida a toda a veciñanza á presentación da campaña "Igualdade a ollos da sabedoría e da inocencia", unha serie de vídeos curtos nos que participaron maiores 👴👵🏼 e nenos/as 👦🏼👧 de distintas parroquias do noso Concello. 

A cita é mañá, ás ⏰ 19.30h na Casa da Cultura de Begonte, nun acto aberto no que contamos con todos/as vós!  

viaxe lalin
admin
0

O vindeiro luns día 𝟏 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 lévate de excursión a Lalín, onde ademais poderemos visitar o Santuario da Virxe do Corpiño ⛪️, o Museo do astrónomo Ramón María Aller 🔭 e degustar un bo cocido galego 🐷 seguido da tradicional queimada.🔥

🎫 𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐨𝐬: 𝟒𝟓€

🎫 𝐏𝐫𝐞𝐳𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐫𝐨𝐚𝐝𝐨𝐬: 𝟓𝟓€

𝟓𝟎 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬 (por rigorosa orde de inscrición no Concello ata o mércores 𝟐𝟕 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨).

centenario
admin
0

O pasado sábado, a nosa veciña de Virís, Javiera Arias Codesal, celebrou o seu centenario de vida e o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 quixo estar presente neste día tan especial.

O alcalde, José Ulla, e a Concelleira de Cultura, Sonia Varela, desprazáronse ata a súa casa 🏠 para entregarlle un agasallo 🎁 de parte de todos os veciños e veciñas de Begonte.

MOITOS PARABÉNS!! 😘👏