Ir o contido principal

Blog Style 01

maleza
admin
0

O 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 lembra a todos/as os/as titulares de fincas en solo urbán ou de núcleo rural a obriga de mantelas en condicións de seguridade, salubridade e ornato necesarias, 𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝟑𝟏 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟒, como obriga a Lei 3/2007 de 9 de Abril de Prevención de Incendios 🔥 e Xestión da Biomasa de Galicia 🌳.

viaje lalin - begonte
viaje lalin - begonte
viaje lalin - begonte
viaje lalin - begonte
viaje lalin - begonte
admin
0

No día de onte os veciños e veciñas do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 realizaron unha viaxe na que puideron visitar pola mañá o santuario da Virxe do Corpiño ⛪️ para despois degustar un rico cocido 🍽🐷 con queimada 🔥 incluída para entrar en calor. 😜

Pola tarde, coa saída do sol ☀️, puideron visitar Lalín e o Museo Municipal "Ramón María Aller" 🔭.

Grazas a todos e todas, unha vez máis, pola boa acollida desta viaxe! 🚌😃

Cartel Festa Xuventude 2024
admin
0
O próximo 𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 teremos unha nova edición da 𝐅𝐄𝐒𝐓𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐕𝐄𝐍𝐓𝐔𝐃𝐄 organizada polo 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 !
Carmen 104 anos
admin
0

Onte, a nosa veciña de Illán, Carmen García López, celebrou o seu cento catro aniversario de vida e o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧𝐭𝐞 quixo estar presente neste día tan especial.

O alcalde, José Ulla, desprazouse ata a súa casa 🏠 para entregarlle un agasallo 🎁 de parte de todos os veciños e veciñas de Begonte.

MOITOS PARABÉNS!! 😘👏

cd
admin
0

Mañá mércores 20 de marzo, Alfonso Pardo e todo o seu equipo, desprázanse á biblioteca do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para emitir en directo unha nova edición do programa “Convivir Deportivo” 🎙️

Coa intervención dos nenos/as, do Concello de Begonte Fútbol Sala, do Violeta Gimnasia Rítmica e moitas persoas máis.

Mañá mércores, ás⏰12.00h na Radio Galega!👂