Ir o contido principal

Blog Style 01

⛑✅ ADQUISICIÓN DE MATERIAL DE PROTECCIÓN
toni
0

O Concello de Begonte adquiriu diverso material entre o que se atopan numerosas pantallas de protección.

Este material será facilitado ás auxiliares de axuda o fogar que desempeñan o seu traballo a través do sistema de dependencia municipal, co fin de minimizar o risco de contaxio nesta labor tan importante que están a realizar día a día.

#begontequedanacasa #xuntospodemos

 

Non estás só
admin
0

Se es maior 👵🏻, dependente ou te atopas en situación de vulnerabilidade, o Concello de Begonte está a prestar axuda e apoio para a recollida de medicación 💊 e compras de primeira necesidade 🍽.

Ponte en contacto con nós:

☎️ 982 39 61 43 (De 9h a 14h).
📱 663 58 76 32 (Noutro horario).

#begontequedanacasa #xuntospodemos

DESINFECCIÓN DE ESPAZOS
DESINFECCIÓN DE ESPAZOS
DESINFECCIÓN DE ESPAZOS
DESINFECCIÓN DE ESPAZOS
DESINFECCIÓN DE ESPAZOS
admin
0

O Concello de Begonte procedeu á desinfección de contedores, núcleos urbanos, espazos públicos e lugares de máis tránsito como centro médico 🏥 , panaderías 🥖 farmacia ⛑, etc. considerando de especial importancia a eliminación da posible carga viral que se poida aloxar neles.

Esta mañá, esta desinfección viuse reforzada polos axentes enviados pola Xunta de Galicia.

#begontequedanacasa #xuntospodemos

Begonte queda na casa
admin
0

O Concello de Begonte, organiza o Concurso “Begonte queda na casa”, coa finalidade de fomentar un aproveitamento lúdico e cultural das limitacións de mobilidade decretadas para frear a expansión do Covid-19, así como estimular a producción artística d@s máis pequen@s da casa, ó mesmo tempo que se potencia a participación da cidadanía tanto do núcleo urbano como do rural dunha forma activa e divertida.

Concello de Begonte
admin
0

👩‍🦳🏡 As auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Begonte seguen a traballar durante esta crise sanitaria para coidar d@s nos@s maiores 👵🏻 e persoas dependentes.

👏👏 Grazas polo voso esforzo e dedicación!!