Ir o contido principal

Xuño 2018

Servizo de Prevención de Drogodependencias

SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS CONDUCTAS ADITIVAS
 

O fenómeno das drogodependencias constitúe unha problemática sociosanitaria de primeira orde a nivel global, consecuencia directa da converxencia entre múltiples variables que a cualifican como  multicausal. Como resposta, o Concello de Begonte asinou un convenio en 2008 cos Concellos de Outeiro de Rei e Rábade dando orixe ao Servizo de Prevención, ao que máis tarde, en xullo de 2013, uniríanse os Concellos de Guitiriz e Xermade.


O Servizo de Prevención concentra os seus esforzos en actuacións dirixidas á familia, escola, mocidade e comunidade, incidindo na tríada información-actitude-conduta e incorporando tanto estratexias de influencia (destinadas a modificar o nivel de coñecemento e as actitudes respecto das drogas), como de desenvolvemento de competencias (destinadas á mellora da autoeficacia).


A Asesoría do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas no Concello de Begonte sitúase na casa da Cultura os mércores en horario de 9:00 a 14:00 h.
Para máis información das actuacións do Servizo pica no logo:

Logo SPD

 

Información de Interese - Sede Electrónica

Sede Electrónica Begonte

Acceso á Sede Electrónica

Pasos para realizar unha solicitude xeral na Sede electrónica do Concello de Begonte

*Desde o 2 de outubro de 2016 todos os suxetos aos que se refire os artigos 14.2 e 14.3 están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos, para o que deberán facer uso dos correspondentes sistemas de identificación e firma nos termos que sinala a Lei 39/2015 e a Lei 40/2015.

 

¿Cómo firmar un documento electrónicamente?

Para tramitar calquer procedemento neste concello na sede electrónica de Begonte, necesitamos identificarnos electrónicamente con certificado dixital de persoa física, certificado dixital como representante (no caso de persoas xurídicas), dni electrónico ou clave concertada.

Si hai que adxuntar un documento cuberto e ten que firmarse, siga as seguintes indicacións (FIRMAR CON ADOBE READER).

Emprego

Servizo Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL Begonte)

Funcións do AEDL, entre as que destacan:

  • Comunicación, información e asesoramento ás empresas, ós emprendedores e ós demandantes de emprego.
  • Axuda á inserción laboral dos desempregados.
  • Facilitar información sobre axudas.
  • Colaboración e apoio co Servizo Público de Emprego en relación a programas de orientación e información profesional, captación de ofertas.
  • Fomento da cultura emprendedora e do espíritu emprendedor.
  • Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, no ámbito local.
  • Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais.
  • Apoio a promotores e promotoras de empresas.
  • Colaboración coas Oficinas de Emprego de Lugo e co resto de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, fundamentalmente da comarca da Terra Cha.
 
Portais para a busqueda de emprego:
 
 
Formación:
 

O Centro de Formación Academia Fernández (Afer Formación) de Rábade informa sobre os cursos incluídos na programación AFD 2024/2025 que ten concedida.

Os cursos son certificados de profesionalidade oficiais e subvencionados pola administración, polo que é gratis para o alumnado.

Máis información en AFER formación:

  • TLFNOS: 982 390 128 / 696 025 577 
  • CORREO ELECTRÓNICO: info@aferformación.es

formacion AFER

 

Ofertas de emprego público:

 

Oferta de emprego:

28/07/2023 EULEN busca Limpador/a Oficinas cerca de Begonte
Descrición do posto de traballo:

  • Limpeza de oficinas e pasillos
  • Apoio na limpeza da planta de produción

Nº de vacantes: 1

Xornada laboral: Parcial a realizar a razón de 2,5 horas diarias de luns a venres, en horario de mañá (de 6.00 a 8.30 horas) ou en horario de tarde (de 20.30 a 22.00 horas), según preferencia do traballador

Incorporación: 01/08/2023

Para maís información e inscribirse na oferta, acceder no ligazón seguinte:

 

21/04/2023 ACCIONA busca Limpador/a Industria Alimentaria para importante fábrica alimentaria situada en BEGONTE para Begonte
Descrición do posto de traballo: : Limpeza de chans, limpeza das liñas de produción, desinfección, uso de mangueira a presión, recollida de residuos etc.

Nº de vacantes: 13

Xornada: 16 horas semanais en FIN DE SEMANA  Horaria de 06:00 a 14:00.

Incorporación: 06/05/2023

Para maís información e inscribirse na oferta, acceder non ligazón seguinte:

Limpiador/a Industria Alimentaria para Begonte

 


Ofertas de empleo público do Concello de Begonte:

20/11/2024 Convocatoria para a selección do Obradoiro dual de emprego "Cumes da Terra Chá VIII" dos Concello de Begonte, Rábade e Friol ano 2024, en aplicación da subvención outorgada pola Consellería de Emprego, Comerio e Emigración, ao abeiro da orde do 7 de febreiro de 2024.

11/06/2024 Convocatoria para a contratación con carácter temporal, en réxime de dereito laboral temporal e a xornada completa, dos seguintes postos de traballo para a constitución no municipio de Unha Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios forestais para este ano 2024, compostas de cinco membros: 1 Xefe de Brigada (Capataz Forestal), 3 Peóns de Brigada e 1 Peón-Condutor con carné B.

Prazo de presentación: 10 días naturais a contar dende o día seguinte a publicación no BOP Lugo.

Nota aclaratoria

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo a través do trámite destacado - Selección Brigada Prevención e defensa Incendios forestais, e a documentación que se envía non é orixinal ou copias electrónicas autenticas (dixitalización dun orixinal por unha administración), poderase solicitar o cotexo das copias achegadas, requirindo a exhibición do documento ou da información orixinal. A non presentación dos orixinais para a súa autenticación suporá a exclusión do solicitante.

No expón poñerase a seguinte lenda “Selección Brigada Prevención e Defensa contra Incendios Forestais 2024 e no solicita poñer o posto no que se inscribe.

Non estará activado este procedemento en la sede ata o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP Lugo.

10/06/2024 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 1 Monitor deportivo, no Concello de Begonte, PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2024 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo). 

Prazo de presentación: 10 días naturais, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo.

24/05/2024 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 2 peóns en situación ou risco de exclusión social perceptores de RISGA no Concello de Begonte.

03/05/2024 Convocatoria para a contratación con carácter temporal a xornada completa de 1 Peón forestal, Programa Aprol Rural 2024 do Concello de Begonte.

30/04/2024 Convocatoria para a selección en réxime laboral temporal de 7 Peóns obra pública, no Concello de Begonte, PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO 2024 (Financiado pola Deputación Provincial de Lugo). 

Prazo de presentación: 10 días naturais,  a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si o último día de prazo de presentación da solicitude é inhábil, prorrogarase o primeiro día hábil).

Nota aclaratoria

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal - Peón obra pública PROGRAMA RE), @teniendo en cuenta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón envíase así, terase que achegar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.

Na casa expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un Peón Obra PRE 2024".

14/03/2024 Convocatoria para a selección Persoal Laboral Interino dunha praza de Peón Obra e Servizos Multiples no Concello de Begonte:

Prazo de presentación: 10 días naturales, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si coincide cun día inhábil, o prazo de presentación da solicitude pasará o primeiro día hábil).

Nota aclaratoria

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación  no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal peón servizos múltiples), tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.

Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un Peón Obra e Servizos Multiples".

26/01/2024 Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal no Concello de Begonte, de 1 posto de PEÓN TRACTORISTA a encadrar dentro da Brigada Municipal de Obras e Servizos:

Prazo de presentación: 5 días hábiles, a contar dende o seguinte a publicación da convocatoria no BOP Lugo (si coincide cun día inhábil, o prazo de presentación da solicitude pasará o primeiro día hábil).

Nota aclaratoria:

Poderase utilizar a sede electrónica de Begonte para solicitar a participación  no proceso selectivo (trámite destacado - Selección de persoal), tendo en conta que como a documentación que se debe acompañar ten que ser autenticada, senón se envía así, terase que aportar os orixinais antes da selección para autenticala nas oficinas municipais.

Na casilla expón, poñerase a seguinte lenda “Selección para un posto de Peón tractorista 2024".

Punto de Información Catastral

LOCALIZACIÓN

Casa do Concello
Pza. Irmáns Souto Montenegro, 1 – 27373 - Begonte (Lugo)

 

SERVIZOS QUE OFRECE O PUNTO DE INFORMACIÓN

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

 

REQUIRIMENTOS

  • Libre acceso para a consulta e a certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
  • Ser titular catastral, o seu representante ou persona autorizada por el, para a consulta e a certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

 

DOCUMENTACIÓN

  • Acreditación da identidade (DNI).
  • Acreditación, no seu caso, da representación ou da súa autorización.

Servizos Municipais

EQUIPAMENTOS

equipamentos_0_0.gif

ESTRADAS

estradas_0_0.gif

SANEAMENTO

A rede de saneameento do Concello ten unha lonxitude de 18.393 metros, dos que 13.162,60 están en funcionamento, e 5.230,40 en execución.

A rede en funcionamento corresponde ás dúas localidades principais do Concello, e os núcleos situados nas beiras da Nacional VI.

saneamento-begonte_0.gif

Saneamiento Begonte

saneamento-baamonde_0.gif

Saneamiento Baamonde

Existen catro instalacións depuradoras. Unha delas é unha fosa séptica, instalada en Santiago de Baamonde, nas proximidades do río Parga, cunha capacidade de 120.450 metros cúbicos ao ano. As tres restantes, depuradoras convencionais cunha capacidade total de 729.708 metros cúbicos ao ano, están situadas en San Pedro de Begonte (a maior), San Xoán de Valdomar e San Martiño de Carral, todas próximas ao río Ladra.

ABASTECEMENTO DE AUGA

O Concello de Begonte ten nestes momentos unha lonxitude de 150.510 metros de rede de abastecemento municipal de auga, dos que están en funcionamento 114.110 e 36.400 en execución.

Abastecimiento de Agua

 

Toda a rede está en bo estado de conservación, entre outras razóns por ser boa parte dela de recente execución, e utilizarse materiais como o PVC e  polietileno, sendo só as máis antigas de fibrocemento (Begonte, Baamonde e Camiño Real).

A primeira rede de abastecemento afectou a núcleos inmediatos ou próximos á  N-VI, entre eles os dous núcleos urbanos do concello, Baamonde e Begonte. As obras máis recentes corresponden aos núcleos situados ao sur da  N-VI, que carecían deste servizo.

No territorio do Concello existen tres depósitos para o abastecemento de auga: O maior, con 1.000 metros cúbicos de capacidade, está na parroquia de San Xulián de Gaibor; o segundo, con 600  m3, en Santiago de Illán; e un terceiro, con 450  m3 de capacidade, para as parroquias do sur do concello, en Santalla de Pena. Os dous primeiros están comunicados entre si, e abastecen á maior parte do territorio do concello.

O depósito de Gaibor ten unha planta de potabilización, en base á esterilización con cloro. Outra, co mesmo sistema, instalouse no depósito de Santalla de Pena.

Os depósitos de Gaibor e Illán abastécense do manancial coñecido como Fonte de Alonso, e o de Santalla de Pena, de tres pozos e o manancial de Montouto.

rede_abastecemento2_0.gif

RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA DE RÚAS

O tipo de recollida de lixo que máis se dá no concello de Begonte é a orgánica, ou non selectiva, na que non se separan os diferentes tipos de lixo.

Tres entidades do concello contan con recollida de vidro e papel, ademais de orgánica: Begonte, Baamonde e Baltar na parroquia de San Salvador de Damil.

Por outra banda, no concello, nas épocas de ensilado, faise recollida de plástico dos silos, concentrando previamente nun punto todo o material a recoller.

O Concello, con medios propios, fai recollida mensual de residuos metálicos: lavadoras, bidóns, metálicos das camas, etc. Para a súa recollida, o concello publica o correspondente bando comunicando a data.

O cálculo do lixo que se recolle anualmente no concello presenta como principais cifras as de ao redor de 1.000 toneladas/ano para os residuos orgánicos, algo máis de 5 toneladas de papel e vidro, e preto de 24 toneladas de residuos metálicos.

Baamonde e Begonte teñen limpeza viaria nas súas principais rúas.

A recollida está contratada polo concello coa empresa Celtaprix, que traslada o lixo recollido ao vertedoiro de Teixeiro (A Coruña).

A recollida non selectiva faise semanalmente en todo o concello, e dúas ou tres veces por semana nas zonas inmediatas aos núcleos urbanos. A recollida de papel, vidro e metais faise mensualmente.

ENERXÍA ELÉCTRICA

Existe subministración de enerxía eléctrica de boa calidade na totalidade do territorio do concello de Begonte.

Neste concello existen dúas clases de iluminación pública. Unha delas, iluminación pública propiamente dita, con liña de cableado, poste, lámpada e consumo custeado directamente polo Concello, que corresponde aos núcleos urbanos e ás localidades situadas nas marxes das vías principais.

alumado_0_0.gif

O segundo sistema consiste en lámpadas situadas nas fachadas ou proximidades das vivendas rurais do concello, conectadas aos contadores de cada propietario, que corre co consumo da instalación. O concello instala a lámpada, corre co seu mantemento e, cada ano, entrega unha determinada cantidade ao propietario como compensación polo consumo da lámpada.

A rede municipal de iluminación ten un total de 619 lámpadas, e 665 están acollidas ao segundo sistema de iluminación pública, conectadas -contador remunerado- aos contadores persoais. A potencia total de iluminación pública no concello é de 146.525  W.

Saúdo do Alcalde

Saludo del Alcalde

 

Como Alcalde do Concello de Begonte quero darche a benvida a este portal web que desexamos ir construíndo día a día coa colaboración, non só dos habitantes deste municipio, senón tamén de todas as persoas que nos visitan cada día a través desta páxina, que acabamos de renovar e adaptar ás novas tecnoloxías.

Non queremos deixar pasar a oportunidade que nos ofrece Internet de amosarnos ao mundo, de aproveitar as súas posibilidades como valioso instrumento de aproximación ao cidadán coa fin de cumplir un dobre obxectivo:

- Amosar Begonte a quen desexe coñecernos mellor. Para todos aqueles que queirades visitarnos, sexa por motivos de lecer ou traballo, dicirvos que nos atopamos nunha terra privilexiada, tanto pola súa situación xeográfica como pola súa riqueza natural, cultural e gastronómica, onde se dan todas as condicións para que este sexa un lugar ideal para vivir, para medrar, para traballar.

- Mellorar a eficacia dos servizos municipais proporcionando información sobre os recursos e servizos que se prestan desde o Concello e tamén recibir dos nosos veciños e veciñas aquelas ideas, propostas e suxestións que poidan axudarnos a mellorar os nosos programas de actuación.

No nome do Concello de Begonte, agradezo a túa visita que agardo atopes proveitosa e amena.

Un cordial saúdo

José Ulla