Segundo o I.A.E. de 2002, había no Concello de Begonte un total de 72 empresas do sector secundario e 103 no terciario. No sector secundario, 30 son industrias e 42 pertencen ó sector da construción. No sector terciario, 15 son profesionais e 88 empresas de servizos.
Existen no concello de Begonte canteiras para a extracción de áridos utilizados na construción de Obras Públicas. Na actualidade, está en funcionamento a explotación denominada Vilalba I, na parroquia de Illán, preto da A-6.
