No centro-norte de Galicia, ao Oeste da provincia de Lugo… Begonte: 125 qm. cadrados con case 4.000 habitantes, dentro da planicie denominada "A Terra Chá".
Lugar privilexiado en comunicacións, polo seu territorio pasan a autovía A-6 e a N-VI, e con elas entronca a A-8 ou Autovía da Costa. E o ferrocarril Palencia-A Coruña ten dúas estacións (Baamonde e Begonte) no concello.
Está Begonte a quince minutos da capital lucense, e a pouco máis de media hora dos portos da Coruña, Viveiro, Burela... e dos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela.
O goberno begontino, consciente de que estas especiais condicións teñen que traducirse en concentracións empresariais, dispón de tres polígonos industriais e un próximo centro loxístico, con máis de cinco millóns de metros cadrados de terreo industrial para o asentamento de empresas.
E isto, nun concello agrícola e gandeiro, que esperta ao turismo que no verán goza das súas magníficas paisaxes e das beiras dos seus principais ríos (Parga e Ladra) ou no inverno vén contemplar o orixinalísimo Belén Electrónico que funciona os meses de decembro e xaneiro desde o ano 1972; e, en calquera momento, para degustar a exquisita gastronomía da zona, ou visitar a casa-museo de Víctor Curral en Baamonde, onde as esculturas intégranse na paisaxe da maneira máis natural.
Begonte é un lugar para descubrir polas empresas que queiran situarse a un paso das grandes cidades de Galicia. É un concello acolledor e humano, para vivir en liberdade, en plena natureza. Begonte é unha potencia empresarial, turística e vital.